WEBQUEST

[ VIVEIRO, O MEU CONCELLO]

WebQuest para  5 Curso de Primaria

[ Ciencias Sociais]

Autor: [José Rodríguez Costa]


 [E-mail: jrcosta@edu.xunta.es]

[]


Introducción | Tarefa | Proceso | Avaliación | Conclusión | Créditos |

INTRODUCCIÓN

                  Imaxina que alguén que vive moi lonxe che pregúnta onde está e como é o teu concello. Está á beira do mar, no interior? .Cales son os seus principais trazos fisicos: rios, montañas, clima? Cantos habitantes tén e como se distribúen? Qué me podes contar da sua historia? Cales son os principais monumentos? Cales son as principais actividades económicas? Qué celebracións hai ao longo do ano?

TAREFA

Ides elaborar unha presentación na que se informará sobre o Concello de Viveiro. Seguindo o guión que se vos achega debedes ir realizando as tarefas que se indican en cada diapositiva : Portada,Situación e Parroquias, Clima e Relevo, Poboación, Historia, Economía, Celebracións, buscando a información nas páxinas web que se vos facilitan. Cada grupo elaborará unha presentación.

PROCESO

Para desenvolver esta webquest, deberedes organizarvos de acordo aos seguintes principios:

  • 1 Cada grupo constará de 4 compoñenetes que proporán un texto ou unha imaxe para cada parte das diapositivas buscadas nos lugares propostos, logo de consultadas as páxinas web propostas..

  • 2 Por maioría elexiredes o texto ou imaxe que se inserirá en cada diapositiva da presentación.

  • 3 Abre a seguinte presentación e modifica cada diapositiva segundo se indica
    Plantilla 

AVALIACIÓN

 

Escasa consolidación

1

Aprendizaxe media

2

Boa aprendizaxe

3

Excelencia na

aprendizaxe

4

Notación

numérica

1 Portada

Imaxe non apropiada, non localiza o escudo e a bandeira .

Imaxe medianamente apropiada, localiza un dos dous símbolos escudo /bandeira e non se colocan no seu lugar Imaxe apropiada, localiza os símbolos e colócaos no seu lugar.

Imaxe moi descriptiva do municipio, localiza os símbolos e colócaos no seu lugar

1 a 4

2 Situación

Non é posible a visualización de onde se localiza o concello

Pódese localizar con dificultade o concello..

 Localízase o concello.

A primeira vista podemos darnos conta de onde se atopa este concello

1 a 4

3 Parroquias

Non localiza case ningunha das parroquias no mapa proposto

Localiza algunhas das parroquias do concello no mapa proposto

Localiza a maioría das parroquias do concello no mapa proposto e marcaas.

Localiza todas a parroquias do municipio no mapa proposto e marcaas.

1 a 4

4 Clima e Relevo

Imaxes non apropiadas e textos non acordes co que se solicita.

Imaxes non moi apropiadas e textos acordes co que se pide.

Imaxes apropiadas e textos que se adecúan exactamente ao que se solicita.

Imaxes que complementan moi ben os textos, que nos aportan moi boa información sen ser moi extensos.

1 a 4

5 Poboación

Non atopa o gráfico solicitado e o texto non nos aporta o solicitado

Atopa e coloca o gráfico pero o texto non nos aporta todo o pedido..

Atopa e coloca o gráfico e o texto apórtanos o pedido

Atopa e coloca o gráfico e o texto apórtanos o pedido de forma clara e concisa

1 a 4

6 Historia

Fotos pouco apropiadas e textos pouco claros.

Fotos apropiadas e textos que nos informan do que se pide. Non boa a colocación, tipos, tamaños de imaxe...

Fotos apropiadas e textos que nos informan do que se pide.Boa colocación, tamaño de imaxes, tipos de letras...

Composición da diapositiva atractiva , fotos que ilustran adecuadamente o texto e texto claro e pouco extenso no que teñamos información clara da nosa historia.

1 a 4

7 Economía

Fotos pouco apropiadas e textos pouco claros

Fotos apropiadas e textos que nos informan do que se pide. Non boa a colocación, tipos, tamaños de imaxe.

 

Fotos apropiadas e textos que nos informan do que se pide.Boa colocación, tamaño de imaxes, tipos de letras...

Composición da diapositiva atractiva , fotos que ilustran adecuadamente o texto e texto claro e pouco extenso no que teñamos información clara da nosa historia.

1 a 4

8 Celebracións

Non aparecen case ningunha das celebracións representativas: Nadal, Carnaval, Semana Santa, Maios, Festival do Landro. Non boa maquetación da páxina.

Aparecen algunhas das celebracións pero falta algunha representativa.

 

Aparecen case todas as celebracións e as m´is representativas todas. Boa maquetación da diapositiva.

Aparecen todas as celebracións. Moi boa maquetación da diapositiva.

1 a 4

Escala de estimación:

 

Escasa consolidación

Aprendizaxe media

Boa aprendizaxe

Excelencia na aprendizaxe

PUNTUACIÓN

8-15

16-23

24-31

32

Recursos
http://www.semanasantaviveiro.com/    Páxina web dunha das conmemoracións máis relevantes no concello.

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2016/09/viveiro.html  Páxina na que se poden encontrar fotos de Viveiro.

https://www.minube.com/viajes/espana/lugo/viveiro   Páxina web na que encontraremos unha guía turística de Viveiro

.

CONCLUSIÓN

Parabéns por ter chegado ata aquí.

Agora que xa coñecemos algúns aspectos relevantes do noso concello podedes propoñervos elaborar unha campaña publicitaria para atraer o turismo. Podedes elixir o medio (prensa, radio ,tv?) Que pensades que non se debe perder alguén que visite Viveiro?(lugares, monumentos, celebracións?) Que vantaxes ten pasar uns días aquí? Coñeces algún slogan da cidade? Atréveste a elaborar un?


Créditos

Autor

José Rodríguez Costa

Correo electrónico

jrcosta@edu.xunta.es

Nivel acad?mico e curso ao que vai dirixida.

Enseñanza Primaria – 5 Curso

Materia na que se pode encadrar.

Sociais

Duración prevista (en sesions de 1 h.)

3

Data

02-05-2010